Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nova Zelandia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1920. Antes diso, nos Xogos de 1908 e 1912, os deportistas de Nova Zelandia e Australia competían xuntos no equipo de Australasia. Nova Zelandia compite nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1952, perdendo soamente os Xogos de 1956 e 1964. Está representada polo Comité Olímpico Neozelandés, que foi fundado en 1911 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1919.
Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | NZL | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Neozelandés www | ||||
Medalleiro |
|
Os atletas neozelandeses gañaron un total de 140 medallas, todas as cales agás tres foron conseguidas nos Xogos de Verán. Os deportes onde maior éxito colleitaron foron remo con 29 medallas e atletismo, con 26 medallas; vela atópase no terceiro posto con 23 medallas. As tres medallas de Nova Zelandia nos deportes de inverno foron en esquí alpino en 1992, e en snowboard e esquí acrobático en 2018.