Océano Atlántico
océano / From Wikipedia, the free encyclopedia 0
O océano Atlántico[1] é a parte do océano mundial da Terra que separa América —ao oeste— de Europa e África —ao leste—. A súa conca é alongada en forma de S e esténdese desde o océano Glacial Ártico, no norte, ata o Antártico, no sur. É o segundo océano máis extenso da Terra despois do Pacífico, cunha superficie duns 85.133.000 km 2[2]. Ocupa o 20 % da superficie do planeta,[3] e o 26 % do total das terras mergulladas. É ademais o océano máis novo do planeta, formado hai 200 millóns de anos[4] pola división do supercontinente Panxea.
Océano Atlántico | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Continente | América, África e Europa |
Coordenadas | 0°N 25°O |
Xeografía | |
Mares contiguos | Báltico, Caribe, de Groenlandia, Mediterráneo, Negro, do Norte, de Noruega, Cantábrico e golfos de México, Venezuela, Arxentino, Escocia e San Lourenzo |
Características | |
Superficie | 106.460.000 km² Atlántico norte: 41.490.000 km², Atlántico sur 40.270.000 km² |
Lonxitude máxima | 14.700 km (N-S) |
Anchura máxima | 4 870 km (media) 11 800 km (máx., golfo de México-Mar Negro) |
Anchura mínima | 2 848 km (Brasil-Liberia) |
Lonxitude costa | 111 866 km |
Profundiade máxima | 8486 m. (Fosa de Porto Rico) |
Profundidade media | 3646 m. |
Capacidade | 310.410.900 km3 |
Outros datos | |
Costas | 111 866 km (69 510 mi) incluíndo mares marxinais. |
Salinidade | 12 g.L-1 |
Mapa | |
Situación do Atlántico Norte e o Atlántico Sur no globo terráqueo. | |
O Atlántico é un axente de importancia global no referente ao clima, xa que das súas correntes depende en boa medida o clima dos continentes ribeiregos. Ao longo da historia supuxo unha barreira cultural que separou os chamados Vello e Novo Mundo ata a chegada da era dos descubrimentos, o que supuxo que o océano se convertese nun punto de intercambio comercial e cultural. Actualmente non perdeu a súa importancia xeoestratéxica, converténdose en escenario de grandes batallas e conflitos desde o século XIX ata a guerra fría.
O ecuador terrestre divídeo artificialmente en dúas partes, Atlántico Norte e Atlántico Sur. O seu nome procede do grego Atlas, un dos titáns da mitoloxía grega. Alcanza a súa máxima profundidade na fosa de Porto Rico.
Comunícase artificialmente co océano Pacífico a través da canle de Panamá, de forma natural a través do estreito de Magalláns e o mar de Hoces, co océano Índico a través do canal de Suez e o sur de África e co mar Mediterráneo a través do estreito de Xibraltar.