Operación Entebbe
accidente de aviación en Uganda en 1976 From Wikipedia, the free encyclopedia
accidente de aviación en Uganda en 1976 From Wikipedia, the free encyclopedia
A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976.[7] Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.[8][9]
Operación Entebbe | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conflito árabe-israelí | |||||||||||
Mandos israelís do Sayeret Matkal despois da operación | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Israel | PFLP-EO Células Revolucionarias Uganda | ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Dan Shomron Yekutiel Adam Benjamin Peled Yonatan Netanyahu (KIA) |
Wadie Haddad Wilfried Böse (KIA) Idi Amin | ||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||
100 comandos Tripulación aérea e persoal de apoio |
7 secuestradores + 100 soldados ugandeses | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
1 morto 5 feridos -- 3 reféns mortos[3][4] 10 reféns feridos |
Secuestradores: 7 mortos |
As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar os reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos.[10] O plan tamén incluía preparación contra unha eventual resistencia armada por parte das tropas ugandesas.[11]
A operación de rescate executouse pola noite, cando foron transportados por vía aérea 100 comandos de elite israelís a máis de 2500 km de distancia ata Uganda. A operación, que foi ideada durante unha semana, durou 53 minutos e se rescataron 103 reféns. Cinco comandos israelís resultaron feridos e o comandante da unidade de asalto, morreu durante a operación. Todos os secuestradores, tres reféns e corenta e cinco soldados ugandeses morreron e once MiG-17 de fabricación soviética foron destruídos en terra.[12] Un cuarto refén foi asasinado por integrantes do exército ugandés nun hospital próximo.[13][14]
A operación, que tivo o nome en clave Operación Trono, coñécese ás veces como Operación Jonathan en memoria do líder da unidade de asalto finado, Yonatan Netanyahu, quen era o irmán máis vello de Benjamin Netanyahu, primeiro ministro de Israel de 1996 a 1999 e desde 2009.[15] Como resultado da operación os militares estadounidenses implantaron equipos de rescate altamente adestrados inspirados na operación Entebbe. O intento máis notable de imitala foi a Operación Garra de Aguia, un rescate infrutuoso de cincuenta e tres funcionarios retidos en Teherán durante a crise dos reféns en Irán.[16][17]
Voo 139 de Air France | |
---|---|
Resumo | |
Data | 27 de xuño de 1976 |
Causa | Secuestro |
Lugar | Espazo aéreo grego |
Orixe | Aeroporto de Tel Aviv-Ben Gurion Israel |
Derradeira escala | Aeroporto de Atenas-Ellinikon Grecia |
Destino | Aeroporto de París-Charles de Gaulle Francia |
Finados | 4 |
Feridos | 10 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A300B4-203 |
Operador | Air France |
Rexistro | F-BVGG |
Pasaxeiros | 248 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 256 |
O 27 de xuño de 1976, o voo 139 de Air France, un Airbus A300B4-203, con matrícula F-BVGG, despegou desde Tel Aviv, con 248 pasaxeiros[18] na súa maioría xudeus e israelís e 12 tripulantes.[19][20] A aeronave fixo unha escala en Atenas, onde recolleu a 58 pasaxeiros máis, incluídos catro secuestradores.[21][nb 1] O avión despegou cara París ás 12:30. Xusto despois da engalaxe, o avión foi secuestrado por dous palestinos pertencentes á Fronte Popular para a Liberación de Palestina - Operacións Externas (PFLP-EO), e dous alemáns,Wilfried Böse e Brigitte Kuhlmann, do grupo terrorista alemán Células Revolucionarias. Os secuestradores tomaron o mando do avión e puxeron rumbo a Bengasi en Libia,[22] onde permaneceron durante sete horas repoñendo combustible. Durante ese tempo, os secuestradores liberaron a cidadá británico-israelí Patricia Martell tras finxir que estaba tendo un aborto.[10][23] O avión deixou Bengasi e ás 3:15 pm do día 28 de xuño, máis de 24 horas despois de saír de Tel Aviv, aterraron no aeroporto de Entebbe en Uganda.[22]
En Entebbe, catro secuestradores uníronse aos demais, apoiados polas forzas do presidente de Uganda, Idi Amin.[24] Os secuestradores transferiron aos pasaxeiros até o terminal do aeroporto onde os mantiveron baixo vixilancia durante os seguintes días. O presidente Amin visitou os reféns case a diario, informando dos avances e prometéndolles que utilizaría o seu poder para liberalos nas negociacións.[19]
O 28 de xuño, un secuestrador do PFLP-EO emitiu unha declaración e expresou as súas demandas: ademais dun rescate de 5 millóns de dólares para a liberación do avión, exixían a liberación de 53 palestinos e militantes pro-palestinos, 40 dos cales estaban presos en Israel.[25] Ameazaron con que se as súas demandas non se cumprían, comezarían a matar reféns o día 1 de xullo.[26]
O 29 de xuño, despois de que os soldados ugandeses abriran unha entrada a través da parede, ata unha estancia situada ao lado da que empregaban para reter aos pasaxeiros, os secuestradores separaron aos israelís (incluídos aqueles de dobre nacionalidade) do resto do grupo[nb 2] e dixéronlles que se moveran ata a outra sala.[29] Mentres o facían, un supervivente do Holocausto mostrou ao secuestrador Wilfried Böse unha tatuaxe co número de rexistro dun campo de concentración no seu brazo. Böse protestou dicindo: "Eu non son Nazi! ... Sou idealista!".[35] Ademais, cinco reféns non israelís –dúas parellas de xudeus ultra-ortodoxos[19] dos Estados Unidos e Bélxica[33] e un residente francés en Israel– foron obrigados a unirse ao grupo israelí.[31] Segundo Monique Epstein Khalepski, a refén francesa deste grupo, os raptores a sinalaron por preguntar e sospeitaron que agochaban as súas identidades israelís.[31] Por outra banda, segundo o refén francés Michel Cojot-Goldberg, os raptores non foron capaces de identificar polo menos a un israelí entre os pasaxeiros que era un oficial do exército con dobre nacionalidade e que usou o seu pasaporte non israelí e quedou liberado posteriormente entre o grupo reféns non israelís.[34] A estadounidense Janet Almog, a francesa Jocelyne Monier (cuxa parella era israelí)[36][37] e o franco-israelí Jean-Jacques Mimouni, cuxo nome non fora mencionado durante a lectura da listaxe de pasaportes, uníronse ao grupo de reféns israelís por propia vontade.[38]
O 30 de xuño, os secuestradores liberaron 48 reféns. Os liberados foron escollidos entre o grupo de pasaxeiros non israelís –principalmente os máis vellos, os enfermos e as nais con nenos–. Corenta e sete deles foron enviados a París mentres que un deles tivo que ser hospitalizado durante un día. O 1 de xullo, logo de que o goberno de Israel comunicara o seu acordo ás negociacións, os secuestradores aumentaron a data límite para cumprir coas súas exixencias ata o 4 de xullo e liberaron a outro grupo de 100 persoas non israelís. Este segundo grupo tamén foi enviado a París poucas horas despois da súa liberación. Entre os 106 secuestrados que permaneceron no aeroporto de Entebbe estaban os 12 tripulantes de Air France, arredor de 10 mozos franceses e un grupo de israelís de 84 persoas.[1][7][22][39]
Na semana anterior ao rescate, Israel tratou de solucionar o problema pola vía diplomática. Varias fontes suxiren que o goberno israelí estaba disposto a liberar os reféns palestinos se a operación militar fracasaba. O oficial retirado das FDI, Baruch "Burka" Bar-Lev, que coñecía a Idi Amin desde varios anos atrás, recibiu a petición do goberno de falar co presidente ugandés por teléfono en varias ocasións sen éxito, tratando de conseguir a liberación dos reféns.[40][41] O goberno israelí tamén realizou un achegamento ao goberno dos Estados Unidos para enviar unha mensaxe ao presidente exipcio Anwar Satat, para que este solicitara a Amin a liberación dos reféns.[42] O primeiro ministro Yitzhak Rabin e o ministro de defensa Shimon Peres estiveron unha semana discutindo sobre se debían aceptar as demandas dos secuestradores (Rabin) ou non, para previr máis ataques terroristas (Peres).[43]
Na data límite do 1 de xullo,[44] o goberno israelí ofreceuse a negociar cos secuestradores a cambio de ampliar a data límite ata o día 4 de xullo. Amin tamén exixiu ampliar a data ata ese día. Isto significaba que podía realizar unha viaxe diplomática ata Port Louis, en Mauricio, para entregar oficialmente a presidencia da Organización para a Unidade Africana a Seewoosagur Ramgoolam.[45] A ampliación do prazo resultou vital para que as forzas israelís puideran chegar ata Entebbe.[21]
O 3 de xullo ás 18:30, o goberno israelí aprobou a misión de rescate,[46] presentada polo Maior xeneral Yekutiel "Kuti" Adam e o xeneral de brigada Dan Shomron. Shomron foi nomeado comandante da operación.[47]
A medida que a crise progresaba, fixéronse varios intentos de negociar a liberación dos reféns. Segundo os documentos diplomáticos desclasificados, o goberno exipcio de Sadat tratou de negociar tanto coa OLP coma co goberno ugandés.[48][49] O líder da OLP Yasser Arafat mandou ao seu axudante político Hani al-Hassan a Uganda como enviado especial para negociar cos secuestradores e con Amin.[33] Porén, os secuestradores da PFLP-EO rexeitaron reunirse con el.[50]
Cando as autoridades israelís fracasaron no seu intento de chegar a unha solución política, decidiron que a súa única opción era atacar para conseguir liberar os reféns. O tenente coronel Joshua Shani, dixo máis adiante que os israelís deseñaron inicialmente un plan de rescate que incluía o envío de comandos navais ao lago Vitoria. Os comandos utilizarían barcas de goa para chegar ao aeroporto situado nas beiras deste. Pensaban matar os secuestradores e despois liberar os reféns, solicitando a Amin permiso para regresar a casa. Os israelís abandonaron este plan debido á falta do tempo necesario e por que recibiron o aviso de que o lago Vitoria estaba cheo de crocodilos.[51]
Amnon Biran, o oficial de intelixencia da misión, afirmou máis adiante que descoñecían o deseño do aeroporto, o lugar exacto no que estaban os reféns e se os secuestradores colocaran explosivos no edificio.[43]
Mentres preparaban o ataque, as forzas israelís tiveron que resolver o problema do combustible para os seus avións Lockheed C-130 Hercules mentres estaban na ruta ata Entebbe. Carecían da capacidade loxística necesaria para realizar unha repostaxe no aire para as aeronaves tan lonxe do seu espazo aéreo. Mentres que varias nacións do leste de África, incluída Kenya que posuía a capacidade loxística necesaria, mostráronse amigables, ningún quixo provocar un conflito con Amin ou cos palestinos permitindo que os israelís aterraran nos seus países.
A operación non podía realizarse sen a axuda de polo menos un destes países. O propietario xudeu da cadea de hoteis Block en Kenya, xunto a outros membros da comunidade xudía e israelí de Nairobi, puideron facer uso da súa influencia política e económica para axudar a persuadir ao presidente Jomo Kenyatta para axudar na operación. O goberno hebreo obtivo finalmente o permiso para que as forzas militares atravesaran o espazo aéreo do país e cargar combustible no Aeroporto Internacional Jomo Kenyatta.[52]
O ministro de agricultura de Kenya Bruce MacKenzie persuadiu ao seu presidente para permitir ao Mossad recoller información antes de comezar coa operación, e tamén para que a Forza Aérea Israelí accedera ao aeroporto.[53] En resposta, o presidente ugandés ordenou aos seus axentes que asasinaran a MacKenzie, quen morreu o 24 de maio de 1978 tras sufrir un atentado cunha bomba no seu avión.[53][54][55][56] Máis adiante, o director do Mossad Meir Amit plantou un bosque en Israel na memoria de MacKenzie.[53]
O Mossad conseguiu crear unha imaxe fiel da situación na que se encontraban os reféns, o número de secuestradores, e o papel das tropas ugandesas a través dos informes dos reféns liberados en París.[57] Amais, varias empresas israelís estiveron involucradas en proxectos de construción en África durante ás décadas de 1960 e 1970, polo que durante os preparativos o exército israelí consultou coa empresa Solel Boneh, que construíra a terminal onde estaban os reféns.[58] Mentres deseñaban o plan da operación militar, a FDI construíu unha réplica da terminal do aeroporto coa axuda dos civís que estiveron involucrados na construción da orixinal.
Muki Betser afirmou máis adiante nunha entrevista que os axentes do Mossad entrevistaron intensivamente aos reféns liberados. O pasaxeiro franco-israelí que fora militar e tiña "unha memoria fenomenal" deu unha información moi detallada sobre o número de armas que tiñan os secuestradores.[59] Despois de que Betzer rematara as tarefas de intelixencia, catro avións da forza aérea israelí do modelo C-130 Hercules viaxaron en segredo ata Entebbe pola noite sen ser detectados polo control de tráfico aéreo.
Os efectivos israelís que foron desprazados para a operación en terra sumaban aproximadamente cen persoas e se organizaron do seguinte xeito:[47]
Desempeñou as seguintes tarefas:
O equipo de rescate emprendeu a súa ruta pola península do Sinaí sobre Sharm al-Sheij seguindo a traxectoria sobre a franxa internacional de voo sobre o mar Vermello en dirección sueste, voando a unha altura inferior a 30m para evitar a detección por parte do exército de Exipto, o Sudán e Arabia Saudita. Cerca do extremo sur do mar Vermello os C-130 puxeron rumbo ao sur pasando sobre Djibuti. Desde alí, chegaron a un punto ao nordeste de Nairobi, logo de pasar probablemente a través de Somalia e o Ogaden de Etiopía. Logo tomaron rumbo ao occidente, pasando a través do Gran Val do Rift e o lago Vitoria.[60]
Dous Boeing 707 seguían aos avións de carga. O primeiro deles transportaba persoal e dispositivos médicos e aterrou no Aeroporto Internacional Jomo Kenyatta en Nairobi, Kenya. O comandante da operación, Xeral Yekutiel Adam, ía a bordo do segundo avión, o cal sobrevoou o aeroporto de Entebbe durante o rescate.[47]
Os equipos israelís aterraron en Entebbe ás 23:00 Hora Estándar de Israel (UTC 2), coa porta da baía de carga aberta. Un Mercedes negro acompañado de vehículos Land Rover foron usados para dar a impresión que a caravana que transportaba as tropas israelís desde as aeronaves á terminal era a escolta de Idi Amin ou dalgún outro funcionario de alto rango.[11][61] O Mercedes e os seus vehículos de escolta foron conducidos rapidamente polo equipo de asalto cara ao aeroporto da mesma forma que o facía Amin. Na vía dous gardas ugandeses, que sabían que Amin substituíra recentemente o seu Mercedes negro por un de cor branca, detivo a caravana de vehículos. Netanyahu, contradicindo o plan e as súas ordes, mandou aos comandos disparar aos sentinelas con pistolas con silenciador, pero non os mataron.[11][43] Mentres se afastaban, un comando decatouse desde un dos Land Rover que seguían ao Mercedes, que os sentinelas estaban vivos e matounos inmediatamente cunha refaga da súa rifle de asalto.[11] Prevendo que os secuestradores fosen alertados prematuramente, o equipo de asalto debeu entrar rapidamente en acción.[61]
Os israelís saltaron dos vehículos e irromperon na terminal. Os reféns estaban no salón principal do edificio do aeroporto, xusto á beira da pista. Ao entrar á terminal, os comandos gritaban a través dun megáfono, «permanezan abaixo! permanezan abaixo! somos soldados israelís» tanto en hebreo como en inglés. Un mozo francés de 19 anos chamado Jean-Jacques Maimoni, quen se identificou como xudeu de Israel ante os secuestradores a pesar que tiña un pasaporte francés, púxose de pé e morreu a mans dos comandos que o confundiron cun secuestrador.[22] Outro refén, Pasco Cohen de 52 anos, xerente dunha empresa de seguros médicos, resultou tamén ferido fatalmente por un tirador dalgún dos dous bandos.[22] Adicionalmente, un terceiro refén, Ida Borochovitch de 56 anos, xudía de orixe rusa que había emigrado a Israel, morreu no intercambio de disparos.[62]
Mentres tanto os outros tres C-130 Hercules aterraron e descargaron transportes blindados de persoal, os cales se ían a utilizar durante a hora requirida para a recarga de combustible, a destrución dos avións de caza no aeroporto para previr a persecución das aeronaves de rescate logo da partida de Entebbe.[21]
Despois do rescate, o equipo de asalto israelí retornou ás aeronaves e empezou a subir aos reféns rescatados a bordo. Os soldados ugandeses lles dispararon durante o proceso, desde a torre de control do aeroporto. Os comandos israelís devolveron o ataque con sus rifles de asalto, causando fortes baixas entre os ugandeses. O comandante do equipo de asalto Yonatan Netanyahu morreu, posiblemente a mans dun tirador ugandés,[63] sendo o único militar israelí morto durante a operación.[21] Ao finalizar a evacuación dos reféns, cargaron o corpo de Netanyahu nun dos Hércules e despegaron do aeroporto de Entebbe.[12] Toda a operación tardou 53 minutos, o asalto durou tan só 30 minutos e os sete secuestradores presentes morreron.[21] Polo menos outros cinco comandos israelís resultaron feridos. Dos 105 secuestrados, tres morreron e aproximadamente 10 resultaron feridos. Outro secuestrado que fora levado previamente a un hospital en Uganda foi deixado atrás e asasinado posteriormente por orde de Idi Amin. Entre 33 e 45 soldados ugandeses morreron durante o rescate e 11 cazas MiG-17 da Forza Aérea de Uganda, quedaron destruídos en terra.[12] Os rescatados pouco despois da operación voaron a Israel vía Nairobi.[12][15]
Dora Bloch, unha inmigrante xudeu-británica de 75 anos internada no hospital Mulago de Kampala, foi asasinada despois do rescate por orde do goberno de Uganda.[22] En abril de 1987, Henry Kyemba, fiscal xeral e ministro de xustiza nese momento, comunicou á Comisión de Dereitos Humanos de Uganda que Bloch fora sacada arrastrada da cama do hospital e asasinada por dous militares baixo as ordes de Idi Amin.[64] O corpo de Bloch foi depositado na traseira dun vehículo con placas do servizo de intelixencia de Uganda. Os seus restos foron recuperados cerca dunha plantación de azucre a 32 quilómetros ao leste de Kampala en 1979,[14] logo da Guerra Uganda-Tanzania que deu final ao mandato de Amin.[65]
Idi Amin ordenou o asasinato de centos de kenyanos que habitaban en Uganda en vinganza polo apoio a Israel no rescate.[66]
O rescate foi o tema dalgunhas películas, dúas das cales foron producións estadounidenses con actores dos Estados Unidos e británicos; outra foi producida en Israel con actores israelís nos papeis principais. O secuestro do voo AF139 de Air France e o rescate subsecuente foi caracterizado no documental Operation Thunderbolt: Entebbe.[67] A continuación se presenta unha breve lista sobre o tema:
O incidente foi tema do documental de 2009, Cohen on the Bridge, do director Andrew Wainrib, quen obtivo acceso sen precedentes aos comandos e reféns sobreviventes.[68]
Outras representacións inclúen:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.