xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os orangutáns[1] (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas de Malaisia e de Indonesia. O nome orangután vén do malaio orang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xénero Pongo e subfamilia Ponginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extinto Gigantopithecus e xénero Sivapithecus.
Orangután | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Pongo borneo' Lacépède, 1799 (= Simia pygmaeus Linnaeus, 1760) | |||||||||||||||
Área de distribución dos orangutáns. | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Pongo pygmaeus | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nas árbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas de Borneo e Sumatra. Estas dúas pequenas e illadas poboacións clasificáronse como subespecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Desde 1996 clasificábanse en dúas especies: o orangután de Borneo P. pygmaeus, con tres subespecies, e o orangután de Sumatra P. abelii. En 2017 distinguiuse unha terceira especie, P. tapanuliensis, que vive nunha zona de Sumatra. As tres subespecies do orangután de Borneo son: P. p. pygmaeus no noroeste, P. p. morio no leste , e P. p. wurmbii no suroeste.
Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido á destrución do seu hábitat.
Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas acotío; publicáronse probas no xornal Science.
Só son feros cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.
Entre os principais centros de conservación, destacan os de Borneo de Semenggok en Sarawak, e Sepilok preto de Sandakan en Sabah.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.