Ostara
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ostara (antigo inglés, Eostre) é o nome dunha antiga deusa xermánica da primavera, cuxo primeiro antecedente documental procede do monxe bieito Beda o Venerable, quen no seu libro historiográfico, "De Temporum Ratione", afirma que os anglosaxóns chamaban ó mes de abril "eosturmonath", en homenaxe a unha deusa con ese nome. Ēostre áchase detrás do nome da Pascua en inglés: Easter. Logo é Jacob Grimm quen volve a retoma-lo tema da deusa xermana de nome Ostara na "Deutsche Mythologie".
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |