Panzer IV
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Panzerkampfwagen IV (Pz.Kpfw. IV), comunmente coñecido como Panzer IV, foi un carro de combate medio desenvolvido na Alemaña Nazi a finais dos anos 30 e usado extensamente durante a segunda guerra mundial. A súa designación oficial era Sd.Kfz. 161.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2023) |
Panzerkampfwagen IV | |
---|---|
Panzer IV Ausf.G | |
Tipo | carro de combate medio |
Orixe | Alemaña |
En servizo | 1937 - 1967 |
Usado por | Alemaña Nazi, Romanía, Turquía, Hungría, Bulgaria, Finlandia, España, Croacia, Siria |
Guerras | Segunda guerra mundial, guerra árabe-israelí de 1948, guerra dos Seis Días |
Deseñado | 1936 |
Fabricante | Krupp, Steyr-Daimler-Puch |
Producido | 1936 - 1945 |
Construídos | estímanse uns 8.800 |
Anchura | 2.88 metros |
Altura | 2.68 metros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Deseñado como carro de apoio á infantaría, o Panzer IV orixinalmente non estaba destinado a enfrontarse a blindados inimigos (función realizada polo máis lixeiro Panzer III). Porén, para enfrontarse ao T-34 soviético o Panzer III quedaba obsoleto, polo que o Panzer IV asumiu o rol de loita contra carros. O Panzer IV foi o carro de combate máis fabricado e máis usado polos alemáns na segunda guerra mundial, e serviu de base a outros moitos vehículos de combate, como o canón de asalto Sturmgeschütz IV, o cazacarros Jagdpanzer IV, a arma antiaérea autopropulsada Wirbelwind e o canón autopropulsado Brummbär.
Robusto e fiable, operou en todos as frontes onde participou Alemaña e foi o único carro nazi fabricado durante toda a guerra, producíndose uns 8.800 exemplares entre 1936 e 1945. As melloras e modificacións no deseño, acotío realizadas en resposta á aparición de novos carros dos Aliados, estenderon a súa vida operativa. Xeralmente estes cambios centráronse no aumento da blindaxe e na mellora das súas armas, aínda que durante os derradeiros meses da guerra, coa urxente necesidade de substituír as unidades perdidas, tomáronse medidas retrógradas para simplificar e acelerar a fabricación.
O Panzer IV foi o carro de combate alemán en servizo máis exportado, vendendo ao redor de 300 exemplares a países aliados como Romanía, Bulgaria, Finlandia e España. Despois da guerra, os franceses e os españois venderon ducias de Panzer IV a Siria, onde combateron na Guerra dos Seis Días en 1967.