París-Roubaix 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 113ª edición da París-Roubaix celebrouse o 12 de abril de 2015 entre as cidades de Compiègne e Roubaix, un percorrido 253'5 quilómetros. A carreira finalizou como é tradicional no Velódromo de Roubaix. Ese percorrido contou con 27 sectores de pavé, un total de 52'7 km.
2014 << París-Roubaix 2015 >> 2016 | |
253,5 km (52,7 de pavé) | |
---|---|
Gañador | John Degenkolb |
Segundo | Zdeněk Štybar |
Terceiro | Greg Van Avermaet |
Este foi o terceiro monumento da tempada e a décima carreira do UCI WorldTour 2015.
Na carreira participaron 200 ciclistas. Un total de 8 por equipo.
O gañador foi o sprinter alemán John Degenkolb, que conseguiu unha velocidade media de 43,476 km/h. Este foi o segundo monumento conseguido por Degenkolb na tempada, despois de que xa gañara a Milán-San Remo tressemanas antes. De segundo chegou o checo Zdeněk Štybar e de terceiro o belga Greg Van Avermaet. A carreira resolveuse nun sprint de 7 corredores que chegaron separados á entrada do velódromo.