Parque Nacional de Kaziranga
parque nacional da India / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional de Kaziranga é un parque nacional que se atopa nos distritos de Golaghat e Nagaon do estado de Assam, na India. O parque, que alberga dous terzos da poboación mundial de rinoceronte da India, é Patrimonio da Humanidade dende 1985.[1] Segundo o censo realizado en marzo de 2018, que foi realizado conxuntamente polo Departamento Forestal do Goberno de Assam e algunhas ONG recoñecidas de vida salvaxe, a poboación de rinocerontes no Parque Nacional de Kaziranga é de 2 413 exemplares. Conta con 1 641 rinocerontes adultos (642 machos, 793 femias, 206 sen sexo identificado); 387 subadultos (116 machos, 149 femias, 122 sen sexo identificado); e 385 crías.[2]
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Parque Nacional de Kaziranga | |
---|---|
Rinoceronte da India no parque. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | India |
Localización | 26°40′N 93°21′L |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 1985 (9ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia |
Identificador | 337 |
Pechar