Pastel de Belém
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os pasteis de Belém (en portugués pastéis de Belém) son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xenericamente reciben o nome de natas. Son tortiñas de crema, duns 10 centímetros de diámetro, elaboradas conforme unha receita secreta que non foi desvelada en case douscentos anos e que, supostamente, só tres persoas coñecen no planeta. Tanto a pasta como a crema comezan a elaborarse a porta pechada, na chamada oficina do segredo, nun proceso que dura dous días. A pasta é de masa follada. A crema ten unha base fundamental de xema de ovo, leite e azucre. Cómense tanto en quente como en frío.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Datos rápidos
Pastel de Belém | |
Pastel de Belém. | |
Tipo | Doce Pastel |
Orixe | Belém, Lisboa, Portugal |
Información comercial | |
Valor nutricional | 298 kcal cada 100 g |
Ingredientes | |
Orixe animal | Xema de ovo Leite Manteiga |
Orixe vexetal | Azucre Fariña |
Condimentos | Sal común Vainilla Canela |
Pechar