Premios da Crítica Galicia
premio de ámbito galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.