7ª edición dos Premios Mestre Mateo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios Mestre Mateo 2008 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2008 e celebrouse o 30 de abril de 2009. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 28 categorías. A cerimonia celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra e foi conducida polo colectivo de artistas Pista Catro, da formación musical Lamatumbá e o actor Sergio Zearreta.
Coincidindo co décimo aniversario da estrea de Mareas vivas, algúns dos seus actores reuníronse sobre o escenario lembrando os seus personaxes. É o caso de Manuel Lourenzo (Melgacho), Ana Santos (Pitusa), Luís Tosar (Andrés), Mela Casal (Celia) e Miguel de Lira (Currás), que aproveitou para reivindicar a lingua e recordar que a serie fóra a primeira bilingüe ("en galego e ghallegho") e que, por iso, ninguén lle vía futuro coma non llo vén na actualidade á lingua galega.