Presidente da República Democrática do Congo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República Democrática do Congo' (francés: Président de la République Démocratique du Congo, suahili: Rais wa Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo, Lingala: Mokonzi wa Republíki ya Kongó Demokratíki), é elixido xefe de estado e comandante supremo (comandante en xefe) das forzas armadas da República Democrática do Congo (FARDC).
O cargo de presidente da República Democrática do Congo existe desde a primeira Constitución, coñecida como Lei Fundamental de 1960. Non obstante, os poderes deste cargo foron variando ao longo dos anos: un papel compartido limitado no executivo, cun primeiro ministro, o unha verdadeira ditadura. Segundo a actual Constitución, o presidente existe como a institución máis alta dunha República semipresidencial.