Primeira división española 1989/90
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1989/90 da Primeira división española de fútbol, que foi a 59ª edición do campionato, comezou o 2 de setembro de 1989 e rematou o 6 de maio de 1990.
O Real Madrid proclamouse campión, igualando a súa propia marca de cinco títulos consecutivos. Así mesmo, bateu a marca de goles nunha soa tempada con 107 tantos, máis dunha terceira parte dos cales (38) foron materializados por Hugo Sánchez, quen igualou así a marca de goles nunha tempada.