Professional Women's Hockey League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É propiedade e está operada na súa totalidade por Mark Walter Group. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por seis equipos, tres de cada un dos países, que xogan unha liga regular para determinar que catro equipos disputan os play-offs que determinan o equipo campión.
Datos rápidos Professional Women's Hockey League (en inglés) Ligue professionnelle de hockey féminin (en francés), Deporte ...
Professional Women's Hockey League (en inglés) Ligue professionnelle de hockey féminin (en francés) | |
---|---|
Deporte | Hóckey sobre xeo |
Fundación | Agosto de 2023 |
País | Canadá (3 equipos) Estados Unidos (3 equipos) |
Rexión | América do Norte |
Equipos | 6 |
Actual campión | PWHL Minnesota (1º título) |
Máis laureado | PWHL Minnesota (1 título) |
Televisión | Canadá: CBC, Sportsnet, TSN Estados Unidos: Varios Internacional: YouTube |
Sitio web | https://www.thepwhl.com/en/ |
PWHL 2023–24 |
Pechar