Provincia de Colón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Colón é unha das 10 provincias da República de Panamá. A súa extensión territorial é de 4.868,4 km². A súa poboación é de 294.060 habitantes (2019)[1] e a súa densidade é de 60,4 habitantes por km² (2019). No seu territorio localízase a sección norte da canle de Panamá. Limita ao norte co mar Caribe, ao sur coas provincias de Panamá, Panamá Oeste e Coclé, ao leste coa Comarca de Guna Yala e ao oeste coa provincia de Veraguas.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Panamá | ||||
Capital | Colón | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 241.928 (2010) (49,46 hab./km²) | ||||
Lingua usada | San Blas Kuna (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.891 km² | ||||
Creación | 1852 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PA-3 | ||||
Pechar
A provincia de Colón está situada no Caribe á entrada da canle de Panamá, a só 55 minutos por estrada do Pacífico, e é o principal porto para o tráfico de case toda a mercadoría de importación e reexportación do país. En importancia, Colón é a segunda cidade da República.