Provincia de Teherán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Teherán (en persa: استان تهران Ostān-e Tehrān) é unha das 31 provincias de Irán. Cobre unha área de 18814 quilómetros cadrados e atópase ao norte da meseta central de Irán.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irán | ||||
Capital | Teherán | ||||
Contén a división administrativa | Baharestan County (en) Condado de Damavand (pt) Condado de Eslamshahr (pt) Condado de Firuzkuh (pt) Condado de Pakdasht (pt) Condado de Rey (pt) Condado de Robat-Karim (pt) Condado de Shahriar (pt) Condado de Shemiranat (pt) Condado de Varamin (pt) Malard County (en) Pardis County (en) Pishva County (en) Qarchak County (en) Qods County (en) condado de Teerão (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.267.637 (2016) (705,2 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Gozarkhani (en) Senaya (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 18.814 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Tehran Provincial Government (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 021 | ||||
ISO 3166-2 | IR-23 | ||||
A provincia limita coa provincia de Mazandaran polo norte, coa provincia de Qom polo sur, coa provincia de Semnán polo leste e coa provincia de Alborz polo oeste. A metrópole de Teherán é a cidade capital da provincia e de Irán.
A provincia de Teherán é a provincia máis rica de Irán, contribuíndo aproximadamente ao 29% do PIB do país. Ademais, aloxa aproximadamente o 18% da poboación do país. É ademais a provincia máis industrializada de Irán. O 86,5% da súa poboación reside en áreas urbanas e o 13,5% da súa poboación reside en áreas rurais.
A zona empezou a gañar importancia cando Teherán foi establecida como capital pola dinastía Qajar en 1778. Hoxe, Teherán, conta cunha poboación de 8 millóns de habitante, clasificata entre as 40 áreas metropolitanas máis poboadas do mundo.