Príncipe de Asturias
título que ostenta o herdeiro da Coroa Española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:
- Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;
- Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;
- Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;
- Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;
- Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;
- Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Premios Príncipe de Asturias.
Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.