Río Amazonas
río en América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Amazonas (tamén chamado Paraná-Uassú ou Paranaguasú polas tribos tupí-guaranís[1]) é un río suramericano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta.[2] O Amazonas, ten a conca hidrográfica máis grande do mundo, ao redor de 7.4 millóns de quilómetros cadrados, representa aproximadamente a quinta parte do caudal fluvial do planeta. De feito, este río ten a maior conca hidrográfica do mundo incluso contando unicamente a rexión que atravesa Brasil, que supón a quinta parte do seu volume.[3][4] Estudos realizados por investigadores brasileiros e peruanos en 2007 e 2008 apuntaban a que era o río de maior lonxitude. [nota 1] No ano 2010, finalmente, confirmouse que era o río máis longo do mundo, con 7062 km de lonxitude desde o seu nacemento na Quebrada de Apacheta, rexión de Arequipa, Perú.[7]
Río Amazonas | |
---|---|
Apurímac, Ene, Tambo, Ucayali, Solimoes, Paraná-Uassú, Paraná-Tinga, Amazonas | |
Localización administrativa | |
Estado | Perú (nacemento) Colombia Brasil (desembocadura) |
División | Departamento de Loreto (Perú) Departamento Amazonas (Colombia) Amazonas (Brasil) Pará (Brasil) Amapá (Brasil) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | América do Sur |
Cunca | Amazonas |
Xeografía | |
Afluentes | Esquerda: Marañón, Japurá/Caquetá, Río Negro/Guainía, Putumayo Dereita: Ucayali, Purús, Madeira, Xingu, Tocantins |
Cidades ribeiregas | Iquitos (Perú); Caballococha (Perú), Santa Rosa del Yavarí (Perú); Leticia (Colombia); Puerto Nariño (Colombia); Tabatinga (Brasil); Manaus (Brasil); Santarém (Brasil); Belém do Pará (Brasil); Macapá (Brasil). |
Características | |
Lonxitude máxima | 7062 km |
Altitude | 5597 m |
Outros datos | |
Lugar de nacemento | Cordilleira dos Andes Nevado Mismi, Arequipa, o Perú |
Lugar de desembocadura | Océano Atlántico |
Caudal medio | 219 000 m³/s |
Superficie conca | 7 050 000 km² |
Mapa | |
Sistema fluvial do Amazonas | |
O Amazonas e a súa fonte | |
Nas súas extensións superiores, sobre a confluencia do río Negro o Amazonas é chamado Solimões no Brasil; con todo, no Perú, Colombia, así como o resto do mundo hispanohablante, o río é xeralmente chamado Amazonas río abaixo desde a confluencia dos ríos Marañón e Ucayali no Perú. O sistema fluvial Ucayali- Apurímac é considerado a principal fonte do Amazonas, coa que é o seu principal afluente o arroio glacial Carhuasanta que flúe da montaña Mismi.
O ancho do Amazonas é de entre 1.6 e 10 km (quilómetros) na súa etapa baixa, pero expándese (durante a tempada húmida) ata 48 km ou máis. O río entra no océano Atlántico nun amplo estuario con 240 km de ancho.[8] A boca do sistema principal é de 80 km. Debido ás súas vastas dimensións, é ás veces chamada o Río Mar. O primeiro ponte no sistema fluvial do Amazonas (sobre o río Negro) foi inaugurado o 24 de outubro de 2011 preto de Manaus, Brasil.
O río proporciona grandes beneficios comerciais a cidades amazónicas como Iquitos, Leticia, Manaus e Belém.