Relixión en Israel
From Wikipedia, the free encyclopedia
A situación da relixión en Israel é singular xa que trátase do único país do mundo onde a maior parte da poboación profesa a relixión xudía. O cristianismo e o islam contan tamén cunha importante presenza de fieis entre a cidadanía israelí. Ademais, existen tamén outras minorías relixiosas como os drusos e os bahaístas. Israel concentra numerosos lugares sacros das tres grandes relixións monoteístas e recoñece a liberdade relixiosa, permitindo aos peregrinos de todo o mundo o libre acceso aos lugares santos.[Cómpre referencia]
Relixión en Israel (2006)[1] | ||||
---|---|---|---|---|
Relixión | Porcentaxe | |||
Xudaísmo | 75.4% | |||
Islamismo | 16.9% | |||
Ateísmo | 4% | |||
Cristianismo | 2.1% | |||
Drusos | 1.7% |
De acordo coa Oficina Central de Estatísticas de Israel (2005) o 76,1% da poboación é xudía, o 16,2% musulmá, o 2,1% cristiá e o 1,9% drusa, ao que cómpre engadir un 3,9% da poboación que non se clasifica en ningunha relixión.[2]
Os árabes israelís, segundo a Oficina Central de Estatísticas (2005), están compostos por un 82,7% de musulmáns, un 8,4% de drusos e un 8,3% de cristiáns.[2]
Israel ten unha das maiores poboacións de budistas do Oriente Medio, con arredor de 32.000 persoas maiormente seguidores do lamaísmo.[3]