República semipresidencialista
From Wikipedia, the free encyclopedia
A república semipresidencialista é aquela na cal o Presidente da República, elixido por sufraxio, ten certas competencias de goberno. O Primeiro ministro é elixido polo Parlamento a petición do Presidente, e este responde da súa responsabilidade ante o Parlamento.
Por regra xeral, o Presidente da República centra as súas funcións na política exterior, mentres o primeiro ministro o fai na política interior.
Neste sistema ás veces hai cohabitación. Estes períodos poden carrexar unha beneficiosa verificación da separación de poderes ou estar cheos de obstrucións por mor da dualidade do executivo.