Retrato do artista cando novo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Retrato do artista cando novo é a primeira novela do escritor irlandés James Joyce, publicada en 1916 co título orixinal en lingua inglesa de A Portrait of the Artist as a Young Man. Foi traducida ao galego por Vicente Araguas, e publicada en 1994 por Laiovento.
Retrato do artista cando novo | |
---|---|
Portada da primeira edición en inglés. | |
Título orixinal | A Portrait of the Artist as a Young Man |
Autor/a | James Joyce |
Orixe | Irlanda |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Laiovento |
Data de pub. | 1916 1994 |
Seguido por | Ulises (1922) |
Tradución | Vicente Araguas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta Bildungsroman (novela de aprendizaxe) dáse conta do espertar relixioso e filosófico do protagonista, Stephen Dedalus, o alter ego ficticio do escritor. O personaxe cuestiona os principios católicos asentados en Irlanda baixo os que foi educado e culmina a súa rebelión contra os mesmos co seu exilio no continente europeo.
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de Stephen Hero, unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite internarse na consciencia de Dedalus. Retrato do artista cando novo, xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, Dublineses, valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis influentes do século XX.