Revolución dos Crisantemos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución dos Crisantemos (húngaro: Őszirózsás forradalom) é o nome que recibiu a revolta incruenta dalgunhas tropas fieis ao consello de soldados de Budapest que, a noite do 30 de outubro de 1918, tomaron certos edificios públicos, bancos e a central de correos e, ante a pasividade da gornición local, forzaron o emperador Carlos a cesar o recentemente nomeado primeiro ministro János Hadik e entregar o goberno ao dirixente do consello nacional, Mihály Károlyi.
Soldados revolucionarios en Budapest coa flor que representou o alzamento | |
Contexto do acontecemento | |
---|---|
Data | 30 de outubro de 1918 |
Lugar | Budapest, Hungría, Imperio Austrohúngaro |
Impulsores | Poboación de Budapest. |
Motivos | Descontento da primeira guerra mundial, desexo de reformas políticas, económicas e sociais. |
Goberno previo | |
Gobernante | János Hadik, representante do Goberno imperial de Viena. |
Forma de goberno | Monarquía |
Goberno resultante | |
Gobernante | Mihály Károlyi |
Forma de goberno | República Popular. |
O alzamento contra o Goberno imperial, desencadeado polo consello de soldados e apoiado polas masas da capital, levou o consello nacional ao poder, a pesar de que este non controlou o levantamento.[1] A revolución levou á independencia de Hungría do Imperio Austrohúngaro e á proclamación dunha república popular, que tratou sen éxito de manter a unidade territorial do reino e de aplicar diversas reformas políticas, sociais e económicas. O seu fracaso cinco meses máis tarde produciu un novo cambio político, proclamándose unha república soviética.