Rigoberta Menchú
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rigoberta Menchú Tum, nada en Uspantán, Quiché o 9 de xaneiro de 1959, é unha líder indíxena maia e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo k'iche'. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.
![]() Menchú no 2009 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rigoberta Menchú Tum ![]() 9 de xaneiro de 1959 (65 anos) Uspantán, Quiché, ![]() |
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Guatemala ![]() |
Grupo étnico | Quichés (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Activista, política |
Partido político | Winaq (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() |
Destacou polo seu liderado á fronte das loitas sociais no eido nacional e internacional. O 12 de febreiro de 2007, anunciou que se postularía ás eleccións presidenciais de Guatemala de 2007 pola coalición de partidos WINAQ e Encuentro por Guatemala; quedou en quinto lugar cun 3,09%. Malia a derrota, o 7 de maio de 2011 o partido indíxena WINAQ xunto a outros partidos proclamouna como candidata presidencial para as eleccións presidenciais do 11 de setembro de 2011 na Fronte Ampla de Guatemala.[1]