Rogelio Groba
músico e compositor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rogelio Groba Groba, nado o 16 de xaneiro de 1930 en Guláns (Ponteareas) e finado o 1 de xaneiro de 2023 na Coruña,[1] foi un músico e compositor galego. Logo de anos residindo en Suíza regresou a Galicia, onde durante 23 anos foi director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Tamén na cidade da Coruña creou e dirixiu a Orquesta da Coruña e a súa sucesora, a Orquesta de Cámara Municipal, e foi un dos promotores da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi compositor asociado. Tamén fundou a Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ademais do seu labor como director de orquestra e compositor, Groba desenvolveu un importante labor no eido da educación. Foi mestre do Conservatorio da Coruña, do cal foi director durante vinte anos, e puxo en marcha moitos conservatorios en Galicia.[2][3]
Rogelio Groba | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1930 |
Guláns, Ponteareas | |
Falecemento | 31 de decembro de 2022 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Composicións destacadas | Máis de 700 obras catalogadas. |
Parella/s | María Otero Suárez |
Fillos |
|
Na rede | |
Fundación Rogelio Groba | |
[ editar datos en Wikidata ] | |