Rusia no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rusia fixo o seu debut no Festival de Eurovisión 1994. En total participou en dezaseis ocasións e gañou unha vez, en 2008, con Dima Bilán e o seu tema "Believe", polo cal organizou Eurovisión en 2009. Rusia, quedou en 2º lugar en tres ocasións, en 2000, 2006 e 2012.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Rusia | |
---|---|
Estación membro | e |
Final nacional | |
Aparicións | 21 |
Primeira aparición | 1994 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 2008 |
Semifinal | 1° 2012 |
Peor resultado | |
Final | 17º 1995 |
Semifinal | 9° 2011 |
Ligazóns externas | |
Páxina en Perviy Kanal | |
Páxina de Rusia en Eurovision.tv |
Rusia ausentouse tres veces desde a súa primeira participación no festival. A primeira vez foi en 1996, cando a canción rusa foi rexeitada nunha rolda clasificadora previa non televisada. Dous anos máis tarde, Rusia foi relegada polo resultado obtido en 1997 por Alla Pugachova. Finalmente en 1999, Rusia ausentouse de forma voluntaria.
Rusia levou ao festival a algúns dos seus artistas máis soados, entre eles Alla Pugacheva, Alsou, t.A.T.u., Mumiy Troll ou Dima Bilán.
Ucraína, Noruega, Francia e Armenia son os países que máis votos recibiron de Rusia. Doutra banda, Rusia recibe habitualmente altas puntuacións dos países que pertenceron á antiga URSS.
Nun total de 10 veces, estivo este país dentro do TOP-10 nunha gran final. En 2018 foi a primeira ocasión na que o país non se clasificou para a final.