Ría de Muros e Noia
curso de auga das Rías Baixas, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.
Ría de Muros e Noia | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Galiza |
División | Galiza |
Subdivisión | A coruña |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Coordenadas | 42°45′N 9°00′O |
Xeografía | |
Afluentes | Río Tambre (125 km) |
Características | |
Mapa | |
Localización | |
As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.
A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.
Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.