Río Baxoi
río da provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Baxoi ou Baixoi é un río galego que nace na serra de Queixeiro e desemboca na ría de Betanzos atravesando de leste a oeste os concellos coruñeses de Monfero, Vilarmaior e Miño. A súa cunca abrangue tamén terras de Andrade, no concello de Pontedeume. Ten unha lonxitude aproximada duns 21 km e recibe distintos nomes ao longo do seu percorrido.
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Baxoi | |
---|---|
Desembocadura do río Baxoi e praia Grande de Miño. | |
País | Galiza |
Nacemento | serra de Queixeiro |
Altitude | 450 m |
Lonxitude | 21 km |
Desembocadura | Golfo Ártabro |
Pechar