Salò o le 120 giornate di Sodoma
Filme de 1975 dirixido por Pier Paolo Pasolini / From Wikipedia, the free encyclopedia
Salò o le 120 giornate di Sodoma é un filme franco-italiano escrito e dirixido por Pier Paolo Pasolini que se estreou en 1975.[1][2] Baséase no libro Os 120 días de Sodoma do Marqués de Sade. Contén varias referencias e diálogos extraídos do libro Zur Genealogie der Moral de Friedrich Nietzsche, do poema Os Cantos de Ezra Pound e de Á busca do tempo perdido de Marcel Proust. Foi o derradeiro filme de Pasolini xa que foi asasinado pouco despois da estrea de Salò. Por mor da representación de mozos menores sendo obxecto de violencia, sadismo, depravacións sexuais e asasinatos, o filme foi extremadamente controvertido dende a súa estrea, e segue a estar prohibido en moitos países.
Datos rápidos Salò o le 120 giornate di Sodoma, Ficha técnica ...
Salò o le 120 giornate di Sodoma | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Salò o le 120 giornate di Sodoma |
Director | Pier Paolo Pasolini |
Produtor | Alberto Grimaldi |
Guión | Pier Paolo Pasolini Sergio Citti |
Baseado en | Os 120 días de Sodoma do Marqués de Sade |
Intérpretes | Paolo Bonacelli Giorgio Cataldi Umberto Paolo Quintavalle Aldo Valletti Caterina Boratto Elsa De Giorgi Hélène Surgère Sonia Saviange Inès Pellegrini |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Tonino Delli Colli |
Montaxe | Nino Bragli Tatiana Casini Morigi Enzo Ocone |
Estudio | Les Productions Artistes Associés |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | Festival de París: 22 de novembro de 1975 |
Duración | 116 minutos 145 minutos (corte orixinal) |
Orixe | Italia Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | SEK 1 786 578 |
Na rede | |
Pechar