Stadin Gimmat
equipo feminino de hóckey sobre xeo de Helsinki, Finlandia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Stadin Gimmat ou HIFK Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli, un pavillón con capacidade para 500 persoas.
Datos rápidos Stadin Gimmat HIFK Naiset, Fundación ...
Stadin Gimmat HIFK Naiset | |
---|---|
Fundación | 1982 Refundado: 2018 |
Cidade | Helsinqui, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Malmin jäähalli (500 persoas) |
Liga | Naisten Liiga |
Campionatos | 1 |
Adestrador | Saara Niemi |
Afiliado(s) | HIFK Akatemia |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
https://stadingimmat.fi/ | |
Pechar
Os maiores éxitos do equipo ata 2022 foron unha medalla de prata coseguida en 2022, así como tres medallas de bronce nas tempadas 1988, 1989 e 2021.