Substancia (filosofía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A substancia, contemplada dende a filosofía ou a metafísica, é a realidade permanente que serve de substrato ós atributos que cambian. É pois o que queda por baixo das aparencias, sen cambio, e que se opón ós accidentes variables, isto é, as calidades continxentes. O termo vén do latín substare, manterse debaixo; de substantia, o que está debaixo, o soporte.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Substancia.