Televés
From Wikipedia, the free encyclopedia
Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.[3]. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas[3].
Televés S.A. | |
---|---|
"European Technology Made in Europe" | |
Sede de Televés, Conxo. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1958 |
Matriz | Grupo Televés |
Localización | Rúa B. de Conxo, 17 15706 Conxo, Santiago de Compostela, (A Coruña) Galicia |
Fundador | Ricardo Bescansa Amador Beiras José Gabriel Barreiro |
Persoas clave | Ramón Bescansa |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Electrónica Telecomunicacións DVB |
Beneficio | 177 millóns de euros (2016)[1] |
Número de empregados | 757 (en todo o grupo)[2] |
Na rede | |
http://www.televes.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro[4]. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital.[5] Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.[6]