Teoría de nós
From Wikipedia, the free encyclopedia
A teoría de nós é a rama da topoloxía que se encarga de estudar o obxecto matemático que abstrae a noción cotiá de nó.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Ao escoitar a palabra nó, veñen á mente imaxes como os cordóns duns zapatos, as sogas dos mariñeiros e mesmo unha extensión eléctrica difícil de desanoar. Todas esas imaxes son exemplos de nós, que difiren moi pouco do concepto matemático de nó.
Un nó, unha vez pegados os seus extremos, represéntase por unha curva simple e pechada en R3; ou de modo máis amplo, por encaixes ou mergullos (embeddings) da circunferencia en diversos espazos topolóxicos ambiente.