The Cardigans
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Cardigans é o nome dun grupo sueco formada na cidade de Jönköping en 1992. O estilo da súa música virou disco a disco dende que comezaron polo que destaca a súa evolución. Nos seus comezos poderíarselles encadrar dentro do Indie, pasando por un pop máis inspirado nos anos da década de 1960 e polo Rock.
The Cardigans | |
---|---|
Orixe | Jönköping, Jönköpings län, Suecia |
Período | 1992-presente |
Xénero(s) | pop rock, power pop |
Selo(s) discográfico(s) | MCA Music Mercury Records Stockholm Records Universal Suecia |
Membros | Lars-Olof Johansson Bengt Lagerberg Nina Persson Magnus Sveningsson Peter Svensson |
Na rede | |
http://www.cardigans.com/ | |
O seu álbum debut Emmerdale (1994) deulles a fama no seu país, Suecia, e no estranxeiro, especialmente no Xapón. Pese a isto, non fai ata a publicación do seu segundo álbum, Life (1995), cando conseguiro sona internacional e boas críticas. A banda comezou a ser coñecida fóra da Suecia, grazas a Erase/Rewind e My Favourite Game do seu álbum Gran Turismo (1998) e Lovefool do seu álbum First Band on the Moon (1996), cuxa inclusión na banda sonora do filme de Baz Luhrmann Romeo e Xulieta (obra escrita por William Shakespeare) deulles sona internacional.