Tiburón tigre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tiburón tigre[3] (Galeocerdo cuvier[4]) é unha especie de tiburón carcarrínido e único membro existente do xénero Galeocerdo. É un macrodepredador relativamente grande, que pode chegar aos 5 m de lonxitude.[5] Vive en moitos mares de augas tropicais e temperadas, e é especialmente común arredor das illas do Pacífico central. Non vive en augas atlánticas europeas. O seu nome común deriva das raias verticais do seu corpo, que lembran as do tigre, que se van difuminando conforme o tiburón madura.[6]
Tiburón tigre Rango fósil: Mioceno temeprán – Actual[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada[2] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Galeocerdo cuvier' Péron & Lesueur, 1822 | |||||||||||||||||||
Área de distribución do tiburón tigre | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Squalus cuvierPeron and Lesueur, 1822 |
O tiburón tigre é un cazador solitario e principalmente nocturno, que ten o maior espectro de fontes de alimentación de todos os tiburóns, desde crustáceos, peixes, focas, aves, luras, tartarugas e serpes mariñas ata golfiños e mesmo outros tiburóns máis pequenos. O tiburón tigre come tamén obxectos non comestibles feitos polo ser humano que quedan no seu estómago, e ten unha reputación de ser un "comedor de lixo".[6] Aínda que está no cumio da cadea alimenticia como superdepredador, observáronse casos en que era depredado por candorcas.[7] O tiburón tigre considérase "especie case ameazada" debido á súa pesca e captura para obter aletas de tiburón.[2]