Tintín e os pícaros
volume de banda deseñada das aventuras de Tintín / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tintín e os pícaros (francés: Tintin et les Picaros) é o vixésimo terceiro e último dos álbums de As aventuras de Tintín publicados polo autor belga de banda deseñada Hergé. A entrega final da serie que completaría Hergé, en Bélxica serializouse na revista Tintín desde setembro de 1975 ata abril de 1976 antes de publicarse en albúm por Casterman en 1976. Nese ano traduciuse á maioría dos idiomas nos que pode atoparse, sendo a última tradución a edición grega, acabada en 1993. A primeira edición en galego foi en 1985 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
Tintín e os pícaros | |
---|---|
Título orixinal | Tintin et les Picaros |
Autor/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriada: 16 de setembro de 1975 ao 13 de abril de 1976 |
Formato | Seriado, con recompilación en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-2131-2 |
Precedido por | Tintín e o lago dos tiburóns |
Seguido por | Tintín e a Arte-Alfa |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
[ editar datos en Wikidata ] |
A narración segue ao novo reporteiro Tintín, o seu can Milú e os seus amigos o capitán Haddock e o profesor Tornasol mentres viaxan á (ficticia) nación suramericana de San Teodoros para rescatar á súa amiga Bianca Castafiore, que foi metida na cadea polo goberno do xeneral Tapioca. Unha vez alí, envolvense nas actividades revolucionarias antigobernamentais do vello amigo de Tintín o xeneral Alcazar.
Hergé comezou a traballar en Tintín e os Pícaros oito anos despois de completar o volume anterior da serie, Voo 714 para Sidney, creándoo coa axuda do seu equipo de artistas nos estudios Hergé. A ambientación e a trama inspiráronse no interese de Hergé polos revolucionarios latinoamericanos, en particular polos activos na Revolución cubana. O libro reflectiu cambios na aparencia e comportamento de varios personaxes clave da serie. O propio Tintín, por exemplo, xa non usa a súa marca rexistrada, os pantalóns de golf, e viste con jeans. O volume tivo unha mala acollida e seguiu recibindo críticas negativas de comentaristas posteriores sobre a obra de Hergé. As críticas temperás da historia centráronse no que se considerou a súa pésima perspectiva sobre cuestións políticas, mentres que as críticas posteriores concentráronse na mala caracterización e falta de enerxía. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Tintín e a Arte-Alfa, unha historia que nunca completou, e a serie no seu conxunto converteuse nunha parte definitiva da tradición do cómic franco-belga. A historia adaptouse para un episodio da serie animada de 1991 As aventuras de Tintín de Ellipse e Nelvana.