Verónica Boquete
futbolista galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987,[2] é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia.
Verónica Boquete | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Verónica Boquete Giadáns | ||
Nacemento | 9 de abril de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Altura | 1,60 m.[1] | ||
Posición |
Dianteira Centrocampista[1] | ||
Información de club | |||
Club actual | Fiorentina | ||
Número | 87 | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–2000 | Don Bosco | ||
CD Belvís | |||
2000–2005 | Funeraria Apóstol | ||
2002–2005 | Xuventú Aguiño | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2008 | Zaragoza CFF | 83 | (40) |
2008–2011 | RCD Espanyol | 81 | (69) |
2010 | Buffalo Flash | 7 | (8) |
2010 | Chicago Red Stars | 3 | (1) |
2011 | Philadelphia Independence | 13 | (5) |
2011–2012 | Energia Voronezh | 5 | (1) |
2012–2014 | Tyresö FF | 39 | (13) |
2014 | Portland Thorns | 15 | (4) |
2014–2015 | FFC Frankfurt | 21 | (7) |
2015–2016 | FC Bayern Munich | 9 | (0) |
2016–2018 | Paris Saint-Germain | 31 | (8) |
2018 | Beijing BG Phoenix F. C. | ||
2019–2020 | Utah Royals | 29 | (1) |
2020–2022 | AC Milan | 20 | (2) |
2022– | Fiorentina | 46 | (17) |
Selección nacional | |||
2004-2006 | España sub-19 | 23 | (10) |
2005- | España | 56 | (38) |
2007- | Galicia | 3 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 23 de decembro de 2023. Selección: actualizado a 21 de novembro de 2020[ editar datos en Wikidata ] | |||
Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia,[3][4][5][6] desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final. Foi tamén a primeira española finalista no Balón de Ouro e a única en ser elixida como a mellor xogadora da liga estadounidense. En 2020 foi elixida no once ideal do ano nos Premios The Best da FIFA.
Foi 56 veces internacional coa selección española absoluta, sendo a segunda máxima goleadora da súa historia, con 38 goles. Foi capitá da selección e liderou a esta na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015, o primeiro Mundial no que participou España. Tamén é a capitá da selección de Galicia.