Vicente de la Mata
futbolista arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vicente de la Mata, alcumado Gallego e Capote, nado en Rosario o 15 de xaneiro de 1918 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1980, foi un futbolista arxentino de orixe galega que destacou nas décadas de 1930 e 1940. Xogaba de dianteiro, tanto de interior como de extremo dereito, e foi un dos maiores ídolos do Club Atlético Independiente, no que formou xunto con Antonio Sastre e Arsenio Erico un tridente ofensivo co que o club gañou os campionatos arxentinos en 1938 e 1939. Gañou ademais o campionato de 1948 e foi internacional coa selección arxentina, coa que conquistou tres Copas América nos anos 1937, 1945 e 1946.
Vicente de la Mata | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente de la Mata | ||
Nacemento | 15 de xaneiro de 1918 | ||
Lugar de nacemento | Rosario | ||
Falecemento | 4 de agosto de 1980 | ||
Lugar de falecemento | Rosario | ||
Altura | 172 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1930–1936 | Central Córdoba | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1935–1936 | Central Córdoba | ||
1937–1950 | Independiente | 362 | (151) |
1950–1952 | Newell's Old Boys | 23 | (1) |
Selección nacional | |||
1937–1946 | Arxentina | 13 | (6) |
Adestrador | |||
Independiente | |||
Deportivo Morón | |||
Dock Sud | |||
Córdoba Central | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
O seu irmán Francisco tamén destacou no fútbol arxentino, sendo campión con San Lorenzo, e o seu fillo, Vicente de la Mata, xogou tanto en Independiente como na selección arxentina.