Xavier Prado Rodríguez
veterinario e escritor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xavier Prado Rodríguez, bautizado como Javier David Leoncio Prado Rodríguez e máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro [1], nado en Ourense o 12 de setembro[1][nota 1] de 1874 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1942, foi un veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. Colaborador de Lamas Carvajal, intentou recupera-la publicación O Tio Marcos d'a Portela, en 1917, aínda que desapareceu finalmente en 1919. A súa obra é costumista, humorística, irónica e ruralista. Sabe reflectir perfectamente os modos e comportamentos dos campesiños, de modo que semella que transcribira unha gravación dos diálogos e pullas que se dan tódolos días no mundo rural galego. Cando escribe en galego faino recollendo fielmente a fala ourensá, tanto a do labrego galego como a do señorito que presume de fala-lo castelán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1874 Ourense, España |
Morte | 26 de decembro de 1942 (68 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Veterinaria |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , veterinario , dramaturgo |
Xénero artístico | Poesía e teatro [1] |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Aurora Rodríguez Martínez Dolores Montes Pérez Clementina Pérez de la Iglesia |
Fillos | Fausto e oito fillos máis |