Xeografía de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, forestadas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Reno, o Danubio e o Elba.
A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste coa Polonia e a República Checa, ao sur coa Austria e a Suíza e ao oeste coa Francia, o Luxemburgo, a Bélxica e os Países Baixos.
O clima é ás veces imprevisíbel. No cumio do verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuviñento. Porén, as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de saraiba, frío ou calor extremo etc., son extremadamente raras. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos.