Xeración
todas as personas que nacen e viven máis ou menos ao mesmo tempo, considerada en conxunto / From Wikipedia, the free encyclopedia
En xenealoxía coñécese como xeración ao total de seres que forman parte da liña de sucesión anterior ou posterior dun individuo de referencia. Ao tomarse como punto de partida a un determinado individuo considérase como a primeira xeración; os seus sucesores denomínanse a segunda xeración, e os sucesores destes considéranse terceira xeración, e así sucesivamente. Nas listas xenealóxicas é frecuente designar as xeracións cun número romano.
Tamén se utiliza o termo xeración para denominar ao conxunto de persoas que, por ter nacido en datas próximas e recibido educación e influxos culturais e sociais semellantes, compórtanse de maneira afín ou comparable nalgúns sentidos. Así, referímonos a a xeración xuvenil. a xeración da guerra, a xeración do 98.
Outra acepción usual do termo xeración corresponde a cada unha das fases dunha técnica en evolución, en que se achegan avances e innovacións respecto á fase anterior. Así, dicimos ordenadores de quinta xeración.