Xogos Olímpicos de 1928
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos da IX Olimpíada realizáronse en 1928 na cidade de Ámsterdan (Países Baixos), nun clima de paz e prosperidade que viría a anteceder vinte anos de guerras e incertezas económicas, entre o 17 de maio e o 12 de agosto, coa participación de 3014 atletas, entre eles 290 mulleres, representando a 46 países, dous máis que os Xogos anteriores, disputando dezasete modalidades deportivas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Nome oficial | Spiller vun der IX. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Composto por | Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1928 korfball at the 1928 Summer Olympics lacrosse at the 1928 Summer Olympics + ../... 20 |
Número de participantes | 46 2.883 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 109 |
Localización | Ámsterdam (Ámsterdam) Estádio Olímpico de Amsterdã (pt) (Ámsterdam) |
País | Países Baixos |
Intervalo de tempo | 28 de xullo de 1928 – 12 de agosto de 1928 |
Número de edición | 9 (1928) |
Aberto oficialmente por | Hendrik van Mecklenburg-Schwerin |
Xuramento feito por | Harry Dénis |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Nestes Xogos, as mulleres puideron finalmente competir no Atletismo.
O nivel de competividade aumentou, coa volta ós Xogos Olímpicos dos países derrotados na primeira guerra mundial e até entón prohibidos de participaren: Alemaña, Austria, Hungría e Bulgaria.
Os Xogos de Ámsterdan marcan os primeiros Xogos sen a presenza e a lideranza de Pierre de Coubertin, que, doente, non compareceu, permanecendo no seu refuxio en Suíza.
A cerimonia de apertura foi realizada de maneira grandiosa no belo estadio Olympisch, construído para os Xogos, con lugar para 65.000 espectadores. O mundo viu por primeira vez a chama olímpica no estadio, traída de Olímpia especialmente para a ocasión.