Xogos Olímpicos de 1948
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1948, coñecidos oficialmente como Xogos da XIV Olimpíada, foron realizados por segunda vez en Londres do 29 de xullo ó 14 de agosto daquel ano. Así como os Xogos Olímpicos de 1920 se realizaran en Antuerpen como homenaxe do Comité Olímpico Internacional ó sufrimento do pobo belga durante a primeira guerra mundial, Londres tivo a honra de celebrar os xogos por segunda vez en virtude do martirio que a cidade sufrira durante a guerra, especialmente cos bombardeos perpetrados pola forza aérea nazi durante o período de 1940-41, que devastaron a capital inglesa.
Nome oficial | Spiller vun der XIV. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Composto por | Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1948 Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1948 art competitions at the 1948 Summer Olympics + ../... 22 |
Número de participantes | 59 4.104 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 136 |
Localización | Estádio de Wembley (pt) (Brent (pt) ) Londres (Gran Londres) |
País | Reino Unido |
Intervalo de tempo | 29 de xullo de 1948 – 14 de agosto de 1948 |
Número de edición | 14 (1948) |
Aberto oficialmente por | Xurxo VI do Reino Unido |
Xuramento feito por | Don Finlay (pt) |
Facho acendido por | John Mark |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Despois de seis anos dun conflito con millóns de vítimas e un custo financeiro imposible de calcular, Europa, e polo tanto Gran Bretaña estaban arrasadas economicamente, o que tornou extremadamente ardua a tarefa de organizar os Xogos. De calquera modo, os organizadores conseguiron facer un evento digno, restaurando o famoso Estadio de Wembley para servir como palco central dos Xogos Olímpicos, que contou coa participación de 59 estados, coa presenza de 4.104 atletas, 370 deles mulleres, en 17 modalidades e foron abertos polo Rei Xurxo VI en persoa.