Xosé Filgueira Valverde
polígrafo galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996,[2] foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.
Nome orixinal | Xosé Fernando Filgueira Valverde |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de outubro de 1906 Pontevedra, España |
Morte | 13 de setembro de 1996 (89 anos) Pontevedra, España |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: 9th legislature of the Francoist Cortes (en) | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: 8th legislature of the Francoist Cortes (en) | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: 7th legislature of the Francoist Cortes (en) | |
Procurador en Cortes | |
26 de novembro de 1959 – 18 de abril de 1961 ← Prudencio Landín Carrasco Lexislatura: 6th legislature of the Francoist Cortes (en) | |
Alcalde de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingua castelá, lingua galega e Literatura medieval |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Intelectual , xurista , historiador da literatura , arqueólogo , escritor , político , historiador |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | Historia, arqueoloxía e antropoloxía. |
Alumnos | Xosé Carlos Valle Pérez |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | M.ª Teresa Iglesias de Oscáriz.[1] |
Fillos | Araceli (1939), José Fernando (1940), María Teresa (1942), Pilar (1944) e Ángeles (1947). |
Premios | |
Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.
Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega.[3] Trátase dunha figura que suscita controversia[4][5][6] e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.