Xosé Manuel Beiras
político e economista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936[1], é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1936 (88 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
13 de novembro de 2012 – 21 de outubro de 2016 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
24 de novembro de 1985 – 19 de xuño de 2005 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Voceiro nacional do BNG | |
1982 – 2002 – Anxo Quintana → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela London School of Economics Universidade de París |
Actividade | |
Ocupación | economista , político , profesor universitario |
Partido político | ANOVA-Irmandade Nacionalista (2012–) Bloque Nacionalista Galego (1982–2012) Partido Socialista Galego |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Aurichu Pereira Teresa García-Sabell Tormo |
Fillos | Ricardo Beiras () Teresa García-Sabell Tormo |
Pai | Manuel Beiras |
Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).
No eido profesional estivo á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1976 foi escollido membro de número da Real Academia Galega, mais renunciou ao cargo en 1986 sen chegar a tomar posesión do mesmo.
En 2022 foi premio Luís Porteiro Garea da USC polo seu “labor activo a prol da lingua galega”.[2]