Ángel Amor Ruibal
pensador galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángel María José Amor Ruibal, nado en Cangrallo (Barro)[1] o 11 de marzo de 1869 e finado en Santiago o 4 de novembro de 1930, foi un destacado pensador galego.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1869 Cangrallo, España |
Morte | 4 de novembro de 1930 (61 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Metafísica, Filosofía da relixión, Hermenéutica e filoloxía |
Ocupación | filósofo , escritor , profesor universitario , autor |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá |
Pechar
Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha extensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista que abranguía a lingüística, a historia, a canonística teórica e práctica, a teoloxía e sobre todo a filosofía. Posuidor dunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que o rodeaba.