historiador e arqueólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1886 A Coruña, España |
Morte | 14 de marzo de 1961 (75 anos) Circunscrición electoral da Coruña, España |
Gobernador civil de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudo da historia da arte e arqueoloxía |
Ocupación | escritor , historiador da arte , arquitecto |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Obdulia García Cerdido |
Fillos | seis |
Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.
Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.
A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia[1] (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),[2] con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.
Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega,[sic] de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.
Desde 1946 foi o cronista oficial da cidade da Coruña e desde 1951 tamén da provincia homónima.[3]
Predecesor: César Vaamonde Lores |
Cronista Oficial da Coruña 1942 - 1961 |
Sucesor: Juan Naya Pérez |
Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.