Árabes
pobo semita orixinario de Arabia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os árabes (en árabe: عربي ; transliteración: ʻarabī) son un pobo semita orixinario de Arabia. A pesar de que o concepto de pobo árabe ou de nación árabe cambiou moito ao longo dos tempos e dos diversos contextos sociopolíticos, e que a miúdo se confundiu con agrupamentos de tipo relixioso (o islam ou "comunidade dos crentes"), actualmente defínese principalmente polo feito de falar a lingua árabe[1] e non ten ningunha connotación racial, relixiosa nin política. Debido á extensión da lingua árabe por todo o Oriente Medio e o norte de África a partir do século viii, modernamente adóitanse considerar árabes as persoas que teñen como lingua materna o árabe, sexa cal for a súa orixe étnica ou a súa relixión, e por extensión os naturais dos chamados países árabes, aínda que algúns destes teñen minorías étnicas de lingua non árabe.[2] Os árabes, xa que logo, non constitúen un grupo étnico homoxéneo e a definición de "árabe" variou a través das épocas e os contextos.
Árabes | |
---|---|
العرب (Al-ʿArab) | |
Filipo o Árabe • Xoán Damasceno • Al-Kindi • Al-Khansa • Faysal ibn Husayn • Gamal Abdel Nasser • Asmahan • May Ziade | |
Poboación | |
Poboación total: 450 544 478 | |
Rexións principais: | |
Países árabes | 430 722 682 |
Brasil | 12 000 000 |
Francia | 6 000 000 |
Estados Unidos | 3 500 000 |
Arxentina | 3 500 000 |
Israel | 1 414 000 |
México | 1 066 825 |
Aspectos culturais | |
Lingua | predominante Árabe A lingua vernácula dos árabes na diáspora, inclúe francés, inglés, español, portugués e hebreo |
Relixión | Islam 89%, Cristianismo 10%, outras relixións 0.1%. |
Grupos relacionados | Xudeus, Arameos, outros grupos semitas. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |