From Wikipedia, the free encyclopedia
A Área de conservación Guanacaste é unha rede de áreas protexidas e Patrimonio da Humanidade da UNESCO na Provincia de Guanacaste, no noroeste de Costa Rica. O Patrimonio da Humanidade contén unha extensión ininterrompida de bosque tropical seco e un hábitat importante para varias especies vulnerables, incluíndo o Tapir de Baird, o Colibrí do mangleiral e o Gran guacamaio verde.[1] No parque localizáronse máis de 7.000 especies de plantas e 900 de vertebrados.
Área de conservación Guanacaste | |
---|---|
volcán Rincón de la Vieja | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Costa Rica |
Localización | Provincia de Guanacaste |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 928bis |
A superficie dos parques nacionais combinados suma 1470 km² desde 2004. Isto reflicte un proceso de crecemento a longo prazo, que comezou co establecemento do Parque Nacional de Santa Rosa en 1971. Durante varias décadas, compráronse terras circundantes e os parques nacionais próximos conectaronse á crecente área protexida, polo que a Área de Conservación de Guanacaste chegou a abarcar unha gran diversidade de bosque seco tropical, selva tropical, bosque nubrado e hábitats mariños. O parque contén preto de dous terzos dos animais en perigo de extinción de Costa Rica.[2]
Formalmente pasou a formar parte do Sistema Nacional de Áreas de Conservación—SINAC en 1994, e do Patrimonio da Humanidade en 1999. En 2004, o Patrimonio da Humanidade ampliouse cunha propiedade privada que mide 15.000 ha na selva tropical de Santa Elena.[1]
O Patrimonio da Humanidade inclúe:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.