Ítaca
illa grega do mar Xónico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ítaca (en grego moderno, Ιθάκη) é unha das numerosas illas gregas, situada no mar Xónico. Está localizada na prefectura de Cefalonia.
Datos rápidos Situación, País ...
Ítaca - Ιθάκη | |
---|---|
Ιθάκη | |
Vista de Vathy | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 38°22′N 20°43′L |
Xeografía | |
Superficie | 117´81 km² |
Punto máis alto | 806 m. Nirítos |
Demografía | |
Capital | Vathy |
Poboación | 3.231 hab. (2011) |
Densidade | 27´3 hab./km² hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Pechar
A illa ten unha superficie de 117 km² e unha poboación de 3.000 habitantes. A súa capital é a localidade de Vathí (Βαθύ). Outros núcleos de poboación son: Stavros, Anogi, Exogi e Perachori.
A illa posúe varias baías, e é tan fechada que fai lembrar un lago. No medio da illa, a baía de Moulou (Kolpos Moulou) entra tanto na terra que deixa apenas unha estreita franxa con 500 metros, o suficiente para que a illa non se separe en dúas. Presuponse que, entre outras candidatas, é a mesma Ítaca que aparece na Ilíada e na Odisea, fogar e reino de Ulises.