Óso de Ishango
From Wikipedia, the free encyclopedia
O óso de Ishango é un utensilio de óso que data do Paleolítico superior, aproximadamente do ano 20 000 a. n.e. Este obxecto consiste nun longo óso marrón (máis especificamente, o peroné dun babuíno) cun pedazo punzante de cuarzo incrustado nun dos seus extremos, quizais utilizado para gravar ou escribir.[1] Nun principio pensábase que se empregaba como pau de cálculo, xa que o óso ten unha serie de marcas talladas divididas en tres columnas que abarcan toda a lonxitude da ferramenta, pero algúns científicos suxeriron que as agrupacións de marcas indican un coñecemento matemático que vai máis alá do cálculo. No entanto para algúns autores que non descartan a perspectiva do cálculo primixenio, o óso de Ishango representa a orixe da contabilidade, ou polo menos da racionalidade do cálculo que permitiu a civilización.
O óso de Ishango exhíbese de forma permanente no Real Instituto Belga de Ciencias Naturais de Bruxelas, Bélxica.[2]